Alertan da presenza dun niño de avespa asiática preto do colexio de Xeve

Pontevedra
09 de xaneiro 2017

O servizo de Atención e Información á Cidadanía da Xunta de Galicia 012 ten en tramitación unha alerta veciñal pola presenza dun niño de avespa asiática ou velutina na cima dunha árbore en Santo André de Xeve, a escasos 200 metros do centro educativo

Niño de avespa asiática preto do colexio de Xeve
Niño de avespa asiática preto do colexio de Xeve / Vicente Torrejón

O servizo de Atención e Información á Cidadanía da Xunta de Galicia 012 ten en tramitación unha alerta veciñal pola presenza dun niño de avespa asiática ou velutina na cima dunha árbore en Santo André de Xeve, a escasos 200 metros do colexio público da parroquia

Fontes do servizo confirmaron que a chamada veciñal recibiuse o pasado 21 de decembro e desde entón está activado o protocolo de captura de raíñas de avespa velutina. De feito, persoal especializado xa se trasladou ao lugar nos últimos días para comprobar o estado do niño e analizar como actuar. 

Estas mesmas fontes sinalaron que non hai un prazo específico para a retirada do niño, pois o protocolo establece unha serie de parámetros que permiten avaliar a urxencia e posteriormente vanse retirando por orde de alerta e necesidade.

Fontes veciñais sinalaron que o niño ten ao redor dun metro de diámetro e está situado sobre unha árbore a uns 20 metros dunha casa e 200 do colexio, na ligazón coa estrada que vai cara á veciña parroquia de Bora. Segundo estas fontes, cando o persoal especializado visitou o lugar, sinalou que o niño estaba baleiro. 

Arquivado en