O niño de avespa asiática localizado en Ponte Sampaio, reducido a cinza

Pontevedra
10 de xaneiro 2017

A empresa SERPA, dedicada á retirada de niño de avispa asiática, retirou o niño de grandes dimensións localizado en O Rañadoiro en "apenas 10 minutos" empregando un "sistema de cremación interna"

Queima do niño de avespa asiática no Rañadoiro, en Ponte Sampaio
Queima do niño de avespa asiática no Rañadoiro, en Ponte Sampaio / PontevedraViva

O niño de avespa asiática de grandes dimensións localizado polos veciños do Rañadoiro, en Ponte Sampaio, foi eliminado este martes "en apenas 10 minutos".

Así o recoñeceu José Manuel Vázquez, resposanble da empresa SERPA dedicada á eliminación deste tipo de niños, e que se desprazou á zona tras a alerta veciñal. 

A pesar da a altura na que se atopaba o niño, localizado nunha árbore sobre o campo da festa, o proceso foi "relativamente fácil", empregando para iso o "sistema de cremación interna".

O niño de avispa asiática, de "unos 90 centímetros de alto y 50 de plano" foi reducido a cinzas tras tres meses de espera, o tempo que transcorreu desde a súa localización e aviso aos servizos de emerxencia sen que se actuase ata agora para retiralo.

A intervención correu a conta da propia empresa, segundo relatou José Manuel Vázquez a PontevedraViva.