Protección Civil de Caldas reforza o seu servizo cunha unidade de drons

Umia
26 de xaneiro 2018

Foi posible coa colaboración altruísta dun empresario local, Juan José Diz, da empresa Pombas Fúnebres San José SLU, O Concello valora engadir un dron a maiores aos dous doados polo empresario para destinalo á loita contra a avispa velutina

Drons adquiridos para Protección Civil
Drons adquiridos para Protección Civil / Protección Civil de Caldas

A agrupación de Protección Ciivl de Caldas complementará os servizos que xa presta á cidadanía coa creación dunha unidade de drons. 

O xefe da agrupación, José Sieiro, e o alcalde de Caldas, Juan Manuel Rey, presentaron este venres a nova unidade, que foi posible grazas á colaboración altruísta dun empresario local, Juan José Diz, da empresa Pombas Fúnebres San José SLU, con sede na localidade. 

Jose Sieiro adiantou que esperan que os trámites para poder poñer en marcha a unidade e operar cos drons doados estean finalizados antes do mes de setembro. Entre os trámites necesarios está a necesidade de que os voluntarios se formen no uso dos dispositivos. Ao longo dos próximos meses, polo menos cinco voluntarios e un coordinador integrarán esta nova unidade.  

Respecto diso, destacou que estes novos drons axudarán na parte operativa da agrupación en aspectos como a coordinación de operativos xenerais e deportivos, tarefas de procura e loita contra a avespa velutina e noutras múltiples aplicacións.

O empresario doou o diñeiro necesario para a adquisición dos equipos e, na presentación da nova unidade, agradeceu publicamente aos voluntarios o seu labor. Considéraa "imprescindible" como ben social en Caldas e destacou que os integrantes da agrupación manteñen unha colaboración permanente coa súa empresa. 

Juan Manuel Rey agradeceu a implicación do empresario apoiando a agrupación e engadiu que o Concello valora engadir un dron a maiores aos dous doados polo empresario para destinalo á loita contra a avespa velutina. Avanzou tamén que apoiarán a formación dos voluntarios de acordo á nova normativa en vigor.

Arquivado en