Un "palo largo" para combatir a la avispa asiática

Marín
19 de outubro 2016

Unha ferramenta eficaz para abordar a retirada de niños de avispas asiáticas cando se atopan a gran altura son as pértegas telescópicas, que son unha evolución máis sofisticada dun "pau longo"

Entrega dunha pértega ao Concello de Marín
Entrega dunha pértega ao Concello de Marín

Unha ferramenta eficaz para abordar a retirada de niños de avespas asiáticas cando se atopan a gran altura son as pértegas telescópicas, que son unha evolución máis sofisticada dun "pau longo".

Estes elementos están a ser cedidos aos concellos por parte da Xunta de Galicia. 

Este mércores foi a directora xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, quen fixo entrega dunha pértega ao Concello de Marín, destinada á loita fronte á Vespa velutina. 

Esta pértega alcanza os 30 metros de altura e o seu uso non está exento de riscos, aos propios da manipulación destes insectos invasores hai que sumarlles outros externos. No País Vasco un operario faleceu electrocutado ao tentar retirar un niño de avispa velutina cunha pértega.

Coa dotación realizada esta semana, son xa 55 as pértegas cedidas pola Xunta de Galicia para abordar a retirada de niños a gran altura, a Grupos de Emerxencia Supramunicipal, a concellos colaboradores no plan de control e ás asociacións apícolas.

No que vai de 2016 xa se recibiron por parte dos cidadáns un total de 12.480 avisos en relación coa posible existencia de niños desta especie invasora. Como consecuencia destes avisos, foron xa retirados ou neutralizados un total de 5.323 niños por parte das diferentes unidades integradas no operativo de loita contra a avespa velutina.

Arquivado en