Caldas de Reis celebrou este sábado 8 de marzo os principais actos da programación deseñada con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller.
Fíxoo, a pesar da choiva, botándose a camiñar para reivindicar a igualdade.
Unha andaina, na que participaron multitude de veciños, percorreu varios lugares da vila termal partindo desde o Paseo Román López.
Antes presentouse xa de maneira oficial o vídeo 'Raíñas de Caldas', unha proxección que pretende render homenaxe a veciñas da localidade.
Este traballo audiovisual recoñece a importancia das mulleres "na historia do noso pobo; elas foron e son decisivas na súa orixe, mantéñeno vivo e garanten o seu futuro, grazas ao traballo que desenvolven a todos os niveis. Temos moito que agradecerlles", afirmou o alcalde, Jacobo Pérez.
No vídeo, que foi publicado a través das redes sociais do Concello, recóllense diversas escenas coas mulleres como protagonistas.
Aparacen veciñas de Caldas como Doa Urraca, que "fixo de Caldas un lugar de referencia na súa época", ou a futbolista Lucía Rivas, internacional nas categorías inferiores coa Selección Española.
A proxección do vídeo e a lectura do manifesto local polo 8M tiveron lugar no Auditorio Municipal.
Todo co obxectivo de reafirmar un compromiso firme pola igualdade.