8M | Ponte Caldelas, tinguido de morado por Día Internacional das Mulleres

Ponte Caldelas
08 de marzo 2021

O Concello iluminou a vila de cor morado, a través da luz ornamental instalada na Praza de España, na Praza de Placeres Castellanos Pan e na Praza da Lama

Iluminación morada en Ponte Caldelas con motivo do 8M
Iluminación morada en Ponte Caldelas con motivo do 8M / Concello de Ponte Caldelas

Iluminando diversos espazos do municipio, así celebrou este 8 de marzo Ponte Caldelas o Día Internacional da Muller.

O Concello habilitou iluminación ornamental de cor morada en diversos espazos da vila.

Desta forma a decoración conmemorativa chegou á Praza de España (fonte luminosa, bancos e pérgola), á Praza de Placeres Castellanos Pan e á Praza da Lama. 

Ademais o Concello de Ponte Caldelas editou un vídeo conmemorativo do 8 de marzo no que participaron todos os concelleiros do equipo de goberno como exemplo de igualdade.