91 persoas aspiran ao posto de socorrista en Sanxenxo

Sanxenxo
03 de maio 2018

Este venres 4 de maio un total de 91 persoas asistirán ás probas para seleccionar aos socorristas e sanitarios que velarán pola seguridade das praias do municipio de Sanxenxo esta tempada estival

Probas de selección de socorristas
Probas de selección de socorristas

Este venres 4 de maio un total de 91 persoas asistirán ás probas para seleccionar aos socorristas e sanitarios que velarán pola seguridade das praias do municipio de Sanxenxo esta tempada estival. 

Será ás 9.30 horas cando os aspirantes a socorristas acuáticos realicen as probas físicas na Praia de Silgar. Os exames teóricos faranse ás 11.30 horas no Pazo Emilia Pardo Bazán. 

As persoas que se presenten ao posto de sanitarios terán que facer ás 12.30 horas unha proba de reanimación cardiopulmonar básica tamén no Pazo Emilia Pardo Bazán. A maiores realizaranse unhas entrevistas curriculares para coñecer de forma individual a todos os asistentes.

O Concello de Sanxenxo ten a intención de contratar 66 efectivos. Serán dous os tipos de contratos que se fagan en base á súa duración, de 3 meses ou de 2 meses e 5 días. O ano pasado, o 15 de xuño abríronse 4 praias e a intención do goberno é que a maior parte das praias conten con vixilancia nesta data. 

Ademais, tamén existe o compromiso de incrementar en aproximadamente un 8% mensual as prestacións económicas con respecto á convocatoria anterior.