A campaña do Nadal de 2025 recoñece o afianzamento do Rías Baixas Espumoso de Calidade como referencia nas celebracións galegas durante estas datas.
A produción alcanzou este ano os 95.036 litros, o que representa un lixeiro aumento do 1,01% respecto a 2024.
Trece anos despois de comezar a súa elaboración, o espumoso pasou a ser un imprescindible nas mesas festivas, especialmente en Nadal e Fin de Ano.
Actualmente, son 16 as adegas da Denominación de Orixe Rías Baixas que elaboran e comercializan 44 marcas diferentes de Espumoso de Calidade.
A produción total en 2025 tradúcese en 126.714 botellas, todas elas elaboradas seguindo o método tradicional champenoise, que consiste nunha segunda fermentación en botella e confire ao viño a característica textura cremosa.

A normativa europea permite que os espumosos baixo o selo Rías Baixas sexan tanto brancos como tintos, aínda que predomina a variedade albariño.
Ademais, existen distintos tipos en función da cantidade de azucre engadido, desde o Brut Nature (sen azucre engadido), Extra Brut, Extra Seco, Seco, Semiseco e Doce, o que achega unha ampla oferta que responde ás distintas preferencias dos consumidores.

O Espumoso de Calidade de Rías Baixas converteuse nestes anos nun produto recoñecido dentro do D.O. Rías Baixas.
