A alameda de Marín volverá contar co mercado de Nadal das ANPAS

Marín
05 de novembro 2019

É o terceiro ano consecutivo que o colectivo de pais organiza esta actividade, que recadará fondos a partir do 13 de decembro para a realización de actividades escolares

A concelleira de Benestar Social, Marián Sanmartín, reúnese coas Anpas de Marín para organizar o Mercado de MiniNadal
A concelleira de Benestar Social, Marián Sanmartín, reúnese coas Anpas de Marín para organizar o Mercado de MiniNadal / Concello de Marín

As asociacións de nais e pais dos centro educativos de Marín organizarán este ano a terceira edición do Mercado de MiniNadal, unha iniciativa que se suma á programación do Nadal do Concello e que ten como obxectivo dar visibilidade ao papel das ANPAS, que recadarán fondos para a organización de actividades escolares.

O mercado instalarase na Alameda Rosalía de Castro a partir do 13 de decembro. En horario de 17 a 20 horas poderanse atopar todo tipo de produtos. Desde elementos decorativos típicos deste época do ano ata doces elaborados polos propios membros destes colectivos, ou produtos de artesanía.

A concelleira de Benestar Social, Marián Sanmartin, se reunió con representantes destas asociacións de todos os centros educativos para perfilar os detalles e as necesidades para a organización dun mercadillo que espera cultivar o mesmo éxito que en dúas edicións anteriores.