A ampliación do parque infantil de Barcelos, pendente dunha visita técnica

Pontevedra
11 de outubro 2016

O parque infantil de Barcelos, un dos máis utilizados en todo o municipio, será ampliado moi pronto. A decisión está tomada, segundo explicou o concelleiro Luís Bará. Pero o proxecto que se aprobe definitivamente está pendente dunha próxima visita dos técnicos municipais que analizarán todo este ámbito para presentar a mellor proposta

Parque infantil da praza de Barcelos
Parque infantil da praza de Barcelos / Mónica Patxot

O parque infantil de Barcelos, un dos máis utilizados en todo o municipio, será ampliado moi pronto. A decisión está tomada, segundo explicou o concelleiro Luís Bará. Pero o proxecto que se aprobe definitivamente está pendente dunha próxima visita dos técnicos municipais que analizarán todo este ámbito para presentar a mellor proposta.

Así o destacou o edil do BNG tras a comisión de Mobilidade onde se analizou o estado de execución de diversas obras de reforma urbana.

O Concello aposta por substituír o actual pavimento de caucho por céspede artificial e, a partir de aí, serán os técnicos os que determinen "como mellorar a contorna" e a incorporación de elementos novos de xogo.

Ademais, coa recente instalación das canchas deportivas tamén haberá que decidir cara a onde se amplía este parque infantil que, en todo caso, aumentará notablemente o seu espazo dentro da configuración da nova praza.