A anécdota: Lores é Lord na pantalla de Bruxelas

Pontevedra
06 de febreiro 2013

O alcalde de Pontevedra aperece na pantala durante os actos do Intermode con un complicado nombre: Miguel Fernández Anxo LORDS

A anécdota durante a viaxe a Bruxelas para recibir o premio Intermode encontrouse no acto celebrado no International Auditorium. Alí entre máis de duascentas persoas que se achegaron de diferentes rexións europeas apareceu reflectido na pantalla o nome do alcalde de Pontevedra dunha forma curiosa: Miguel Fernández Anxo Lords.

O tradutor automático non só desorganizou o nome antepoñendo o primeiro apelido ao segundo nome senón tamén ao traducir Lores polo inglés 'Lords'. Lord é o título nobiliario inglés que se lle concede a algúns personaxes da nobreza e altos cargos.

O erro serviu de broma entre a expedición e mesmo Jaime Agulló, o Director do Instituto Municipal de Deportes, colgou a anécdota na rede social Twitter coa foto de PontevedraViva que se recolle nesta información.