O alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín e a concelleira de educación, Paz Lago, reuníronse esta semana coa asociación de nais e pais de alumnos (ANPA) de Magaláns, en Dorrón.
As demandas dos asistentes centráronse en peticións de mellora das infraestruturas, sobre todo no pavillón, e pediuse cambiar as xanelas dos edificios antigos.
Tamén se tratou o tema da seguridade viaria na zona e do funcionamento do transporte nos primeiros días do curso escolar.
O goberno local tentará dar resposta a todas estas demandas, polo que en sucesivas reunións informarase á ANPA das decisións tomadas para liquidalas.