A APDR non renuncia a súa "loita" e convoca unha nova "Marcha contra Celulosas"

Pontevedra
05 de xuño 2023

Baixo o lema xeral "Non renunciamos a un futuro sen ENCE na Ría", a Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR), vén de convocar unha nova Marcha contra Celulosas para o domingo 18 de xuño ás 12 horas e, como de costume, con saída das alamedas de Marín e Pontevedra

Marcha da APDR contra ENCE 2015 Daniel Santomé

Baixo o lema xeral "Non renunciamos a un futuro sen ENCE na Ría", a Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR), vén de convocar unha nova Marcha contra Celulosas para o domingo 18 de xuño ás 12 horas e, como de costume, con saída das alamedas de Marín e Pontevedra.

O presidente da APDR, Antón Masa, informou que esta nova mobilización enmárcase na liña de actuación iniciada coa edición anterior, na "loita polo futuro da comarca" que, segundo entende, é "un futuro que non ten volta atrás e que pasa inevitablemente pola saída de ENCE da Ría". 

"Na Asociación Pola Defensa da Ría, non renunciamos a este futuro, e ningunha decisión xudicial arbitraria e inxusta como a recentemente ditada polo Tribunal Supremo nos vai impedir seguir loitando por recuperármolo", manifesta Antón Masa. 

Nesta nova Marcha, a APDR quere transmitir á cidadanía "que seguen existindo moitas vías legais para impedir a perpetuación da empresa na nosa Ría", e que desde esta asociación ecoloxista "non imos regatear esforzos para utilizalas". 

Antón Masa reitera que na APDR "mantemos íntegra a nosa convicción de que, chegado o momento, a Xustiza daranos a razón e confirmará a nulidade da prórroga de 60 anos a ENCE".

Nesta ocasión a propaganda editada para publicitar a mobilización fai referencia ao traballo realizado pola Escola Superior de Arquitectura da Coruña en colaboración coa APDRe o Concello de Pontevedra, "un excelente traballo que deixa patente que é posible recuperar a zona da Ría roubada no seu día pola Celulosa". 

Por esta razón, Jorge Rodríguez, director da equipa redactora deste traballo, será a persoa encargada de ler o comunicado final na Marcha que rematará cunha festa na Alameda de Pontevedra.

 

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora