A área sanitaria alcanza os 1.818 pacientes con infección activa de coronavirus

Pontevedra
25 de xaneiro 2021

Nas últimas horas detectáronse 201 novos contaxios. Este luns 25 de xaneiro a área sanitaria de Pontevedra e O Salnés incrementa en 168 o número de casos activos de covid 19, ata alcanzar os 1.818 pacientes con infección activa

Xente paseando pola rúa con máscara
Xente paseando pola rúa con máscara / Mónica Patxot

Este luns 25 de xaneiro a área sanitaria de Pontevedra e O Salnés incrementa en 168 o número de casos activos de covid 19, ata alcanzar os 1.818 pacientes con infección activa. Son 71 máis que onte domingo. Nas últimas horas detectáronse 201 novos contaxios.

Igualmente increméntanse ata os 102 pacientes de covid 19 ingresados en planta de hospitalización. Concretamente hai 90 pacientes no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, 11 no QuirónSalud Miguel Domínguez e 6 no Hospital do Salnés.

Ademais hai 15 pacientes críticos na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) do Hospital Montecelo.

Así mesmo, permanecen evolucionando nos seus domicilios 1.696 casos cunha sintomatoloxía máis leve.

Desde o inicio do plan de continxencia pola pandemia curáronse 7.263 pacientes (30 máis que no día de onte) e faleceron por este virus na área sanitaria 101 pacientes. Os últimos foron este domingo en Montecelo tres homes, de 55, de 81 e de 87 anos de idade.

En canto a realización de PCR, nas últimas 24 horas fixéronse 1.291, que se engaden ás 133.480 xa efectuadas desde o inicio da pandemia na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés.

GALICIA

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 19.768, deles 5.225 son da área da Coruña, 1.731 da de Lugo, 2.761 da de Ourense, 1.818 da de Pontevedra, 3.542 da área de Vigo, 3.118 da de Santiago e 1.573 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 161 están en UCI, 993 en unidades de hospitalización e 18.614 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 66.800 persoas curadas, rexistrándose 1.622 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 1.334.415. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 66.899.