A área sanitaria baixa ata os 731 casos activos e mantén 22 hospitalizados por covid-19

Pontevedra
27 de agosto 2021

A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés continúa reducindo o seu número de casos activos por covid-19. Son 731, 64 menos que onte. Soben, pola contra, os pacientes hospitalizados con coronavirus nos tres hospitais da área sanitaria. Hai 22 persoas ingresadas, catro máis que onte

Cribado Consellería de Sanidade

Cun ritmo de contaxios moi inferior ao de hai semanas, 31 nas últimas 24 horas, a área sanitaria de Pontevedra e O Salnés continúa reducindo o seu número de casos activos por covid-19. Son 731, 64 menos que onte, segundo recolle o balance diario do Servizo Galego de Saúde.

Soben, pola contra, os pacientes hospitalizados con coronavirus nos tres hospitais da área sanitaria. Hai 22 persoas ingresadas, catro máis que onte.

A maioría deles (13) están ingresados na planta de hospitalización de Montecelo. Hai tres no Hospital do Salnés e un no QuirónSalud Miguel Domínguez. 

Os outros cinco hospitalizados, en estado máis grave, atópanse ingresados na unidade de coidados críticos (UCI) de Montecelo.

O resto dos que contraeron o virus, outras 709 persoas, atópanse illadas nos seus domicilios e recuperándose baixo supervisión médica.

Desde o inicio da pandemia 20.149 pacientes da área sanitaria superaron a covid-19, 95 nas últimas 24 horas, e rexistráronse 199 falecementos asociados ao virus.

En canto á realización de probas PCR, fixéronse na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés un total de 292.129, 348 nas últimas horas. A estas probas súmanse as 127.553 probas de antíxenos e outras 106.500 probas de detección realizadas ata a data. 

INCIDENCIA EN GALICIA

A nivel autonómico a Dirección Xeral de Saúde Pública informa que o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 9.284, 202 menos que o día anterior. Deles 2.530 son da área da Coruña, 1.422 da de Lugo, 707 da de Ourense, 731 da de Pontevedra, 1.943 da área de Vigo, 1.291 da de Santiago e 660 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 57 están en UCI, 217 en unidades de hospitalización e 9.010 no domicilio. Por agora, en Galicia hai un total de 165.271 persoas curadas, rexistrándose 2.553 falecementos.

Desde o inicio da pandemia realizáronse en Galicia 2.722.274 probas PCR, 4.459 nas últimas 24 horas, que xunto co resto de probas diagnósticas permitiron detectar 537 novos infectados.