A actualización sobre os datos da pandemia á primeira hora deste domingo 30 de xaneiro polo Servizo Galego de Saúde reflicte que a Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés pecha a semana cunha baixada de casos activos de covid.
En concreta a área sanitaria conta con 7.324 casos activos, o que supón un descenso de 267 con respecto ao sábado a pesar de que se sumaron ás estatísticas 494 novos contaxios. Con todo unha vez máis o elevado número de altas epidemiolóxicas (761) fai que descendan os datos totais.
No que respecta a os hospitais, unha persoa máis se atopa ingresada en Pontevedra e O Salnés para un total de 86, dos que 5 evolucionan na Unidade de Coidados Intensivos de Montecelo e 81 fano en planta repartidos entre o Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (65), o Hospital do Salnés (14) e o Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez (2).
Desde o inicio da pandemia superaron o coronavirus 41.223 persoas na área sanitaria, rexistrándose 241 falecementos de pacientes con positivo activo.
Pola súa banda, a nivel autonómico Galicia conta ao 30 de xaneiro con 65.631 casos activos, 1.830 menos que na anterior actualización.