A área sanitaria rexistra 60 contaxiados máis nas últimas 24 horas

Pontevedra
02 de xullo 2021

A Consellería de Sanidade actualizou este venres 2 de xullo os datos da pandemia na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés que chega aos 367 casos activos, son 46 contaxiados máis que onte

Unha persoa recibindo a vacina
Unha persoa recibindo a vacina / Xunta de Galicia

A Consellería de Sanidade actualizou este venres 2 de xullo os datos da pandemia na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés que chega aos 367 casos activos, son 46 máis que onte. Foron 60 as persoas contaxiadas nas últimas 24 horas.

En canto a presión hospitalaria hai 8 pacientes covid ingresados en planta. Concretamente son 4 enfermos no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e outros 4 no Hospital do Salnés. 

A Unidade de Coidados Intensivos (UCI) do Hospital Montecelo ten 3 pacientes de coronavirus en estado crítico.

Así mesmo, permanecen 356 casos de coronavirus evolucionando nos seus domicilios.

Desde o inicio do plan de continxencia pola pandemia curáronse 14.220 pacientes (14 máis que no día de onte) e faleceron por este virus no área sanitaria 181 pacientes.

En canto a realización de probas PCR, nas últimas 24 horas fixéronse 600, que se engaden ás 249.689 xa efectuadas desde o inicio da pandemia na área sanitaria.

GALICIA

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.994 deles 574 son da área da Coruña, 224 da de Lugo, 229 da de Ourense, 367 da de Pontevedra, 328 da área de Vigo, 190 da de Santiago e 82 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 9 están en UCI, 46 en unidades de hospitalización e 1.939 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 125.762 persoas curadas, rexistrándose 2.436 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 2.369.890.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 2.788.050.