A área sanitaria volve superar os 50 novos positivos diarios de covid-19 a pesar de realizar só 558 PCR

Pontevedra
01 de decembro 2020

A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés ten este martes un total de 1.137 casos activos de covid-19. A cifra supón un descenso de 19 con respecto ao luns, pero detrás esconde unha realidade nada optimista, pois os 51 novos positivos das últimas 24 horas supoñen o 21% de todos os de Galicia e unha taxa de positividade superior ao 9% 

Evolución da covid-19 na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés a data 1 de decembro
Evolución da covid-19 na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés a data 1 de decembro

A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés ten este martes un total de 1.137 casos activos de covid-19. A cifra supón un descenso de 19 pacientes coa infección con respecto ao luns, pero detrás esconde unha realidade nada optimista, pois nas últimas 24 horas confirmáronse 51 novos positivos, que supoñen o 21% de todos os contabilizados en Galicia e unha taxa de positividade superior ao 9%. 

Así segundo os últimos datos oficiais facilitados, eses 51 positivos detectáronse tras realizar 558 probas  PCR, de modo que máis do 9% dos pacientes deron positivo

Ademais, en toda Galicia confirmáronse en probas  PCR nas últimas 24 horas un total de 239 novos casos, de modo que os 51 de Pontevedra implican que un de cada catro novos positivos galegos confirmáronse na área sanitaria pontevedresa

Do total de 1.137 casos activos, 1.075 está en illamento domiciliario e 62 permanecen ingresados nos hospitais. A presión asistencial é xusto a mesma que o luns, aínda que o dato positivo é un descenso dos pacientes máis graves. 

Este martes hai seis pacientes con covid-19 na unidade de Coidados Críticos do Hospital Montecelo, dous menos que o luns. Eses dous pacientes están agora en planta de hospitalización, de modo que son 56 46 no  Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, 5 no Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez e 5 no Hospital  do Salnés.

Desde o inicio do plan de continxencia da covid-19 curáronse 4.326 pacientes na área sanitaria, 70 na última xornada. e faleceron por este virus na área sanitaria 55 pacientes.

En canto a realización de  PCR’ s, esas 558 realizadas na última xornada elevan a 90.715 as xa efectuadas desde o inicio da pandemia na área sanitaria.

Segundo o último balance oficial, en toda Galicia hai este martes 7.646 pacientes coa infección activa, o que supón 160 menos que o luns. Nas últimas 24 horas confirmáronse 239 novos positivos en probas  PCR, unha cifra case idéntica á do día anterior.

Nos hospitais galegos hai 461 pacientes hospitalizados, dos que 392 están en planta, 14 menos que o luns. Outros 69 permanecen en unidades de coidados intensivos, cifra que supón un descenso de nove pacientes graves.

Ata o momento, curáronse na comunidade 43.618 persoas e faleceron 1.211. 

Os servizos médicos galegos realizaron desde o inicio da pandemia 904.528 probas PCR e 4423.521 probas serolóxicas.