A Asociación de Jóvenes Empresarios de Pontevedra cumpre 25 anos

Pontevedra
21 de marzo 2014

A presidenta de AJE-Pontevedra, Lucía Pedroso,aproveitou a ocasión para anunciar a próxima posta en marcha de dous novos "espacios emprendedores"; un en Marín e outro en Vilagarcía tras o exitoso resultado obtido en Pontevedra

25 aniversario de AJE Pontevedra
25 aniversario de AJE Pontevedra / Diego Torrado

A Asociación de Jóvenes Empresarios de Pontevedra celebrou este xoves os seus 25 primeiros anos de traxectoria nun acto que acolleu o Centro Social Novacaixagalicia.

Asistiron os responsables da asociación, empresarios locais, representantes de organizacións empresariais de toda a comunidade autónoma e numerosas autoridades, entre outras, o alcalde de Pontevedra, o vicepresidente da Xunta, o conselleiro de Economía e a directora da Zona Franca de Vigo.

A presidenta de AJE-Pontevedra, Lucía Pedroso,aproveitou a ocasión para anunciar a próxima posta en marcha de dous novos "espacios emprendedores"; un en Marín e outro en Vilagarcía tras o exitoso resultado obtido en Pontevedra.