A presidenta da Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) de Pontevedra, Lucía Pedroso, anunciou que o consignatario Pedro Pérez Torres recibirá o premio honorífico da XIX edición dos galardons convocados esta asociación.
No transcurso dunha gala-cea no Liceo Casino de Pontevedra recoñecerase a traxectoria deste empresario ourensán á fronte do grupo Pérez Torres Marítima S.L., con sede en Marín, pero que desenvolve a súa actividade tamén nos portos de Vigo, A Coruña, Ferrol, Cariño, Ribadeo e San Ciprián.
O grupo conta tamén cunha firma dedicada ao transporte de mercancías e con outra de granito.