A Audiencia de Pontevedra comeza a funcionar co sistema 'e-Fidelius'

Pontevedra
22 de marzo 2015

Durante os últimos días a administración procedeu ao cambio de sistema de gravación das salas de vista da Audiencia provincial de Pontevedra para implantar o sistema 'e-Fidelius', unha forma de gravación de xuízos que mellora substancialmente a que había

Sistema 'e-Fidelius' na Audiencia de Pontevedra Mónica Patxot

Durante os últimos días a administración procedeu ao cambio de sistema de gravación das salas de vista da Audiencia provincial de Pontevedra para implantar o sistema 'e-Fidelius', unha forma de gravación de xuízos que mellora substancialmente a que había. Por este motivo non estiveron todas as salas operativas.

Trátase un novo paso no avance cara á efectiva modernización da Xustiza.

Este sistema está chamado a sacar das salas de vista os secretarios xudiciais, que ata agora se encargaban de realizar a acta do que pasaba no xuízo, e posibilitará que se dediquen ás súas novas funcións.

Entre as novidades que o 'e-Fidelius' achega está a mellora na calidade do son, as voces grávanse con maior claridade e introdúcese un sistema de alertas, por exemplo, cando non se rexistra ningún audio

O sistema está conectado cun servidor central en Madrid e conta cun servizo técnico permanente para solucionar calquera incidencia.

Ademais ofrece novas posibilidades como indexar os vídeos e engadirlle datos á gravación o que facilita o traballo dos xuíces.