A aula da UNED en Portas é xa unha realidade

Umia
27 de xuño 2017

Este martes foi aprobado polo Consello de Goberno da Universidade Nacional de Educación a Distancia a apertura da aula da UNED en Portas

Firma do convenio entre o Concello de Portas e a UNED
Firma do convenio entre o Concello de Portas e a UNED / UNED

Este martes foi aprobado polo Consello de Goberno da Universidade Nacional de Educación a Distancia a apertura da aula da UNED en Portas.

Na actualidade a aula de Extensión Universitaria de Portas viña realizando formación en moi diversas áreas de ensinos non regrados, como idiomas, sanidade, enoloxía, psicoloxía para as vendas, belas artes, entre outras.

A partir de mañá, coa posta en marcha da aula como tal, poderanse impartir ensinos regrados como graos universitarios e o curso de acceso á universidade para maiores de 25 e 45 anos.

Este acordo xa fora aprobado no seu día polo pleno do Concello de Portas e posteriormente pola Xunta Reitora do Centro Asociado da UNED en Pontevedra.