A Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra, realizou este luns unha limpeza da lámina de auga na dársena pesqueira coa empresa de amarre e remolque Amare Marín.
En total retirouse aproximadamente un metro cúbico de material flotante, principalmente plásticos, que os ventos das últimas xornadas arrastraron ao interior do porto.
O material retirado do mar é caracterizado e separado para xestionar a parte que pode ser valorizable, dentro dos proxectos ambientais nos que participa o porto.
Precisamente, a Autoridade Portuaria está a programar varias xornadas de limpeza submarina nas súas dársenas.