A Avenida Raíña Vitoria seguirá pechada ao tráfico

Pontevedra
06 de setembro 2021

Aínda que "no seu inicio" o peche ao tráfico desta avenida implantouse para reforzar a seguridade de toda a comunidade educativa do centro con motivo da pandemia, a día de hoxe este peche xa non persegue "unicamente" o ordenar as entradas e saídas ao instituto Sánchez Cantón e, "ten outras cuestións derivadas", dixo Anabel Gulías en referencia á "mellora do tráfico".

Avenida Raíña Vitoria pechada ao tráfico para o IES Sánchez Cantón
Avenida Raíña Vitoria pechada ao tráfico para o IES Sánchez Cantón / Mónica Patxot

O Concello de Pontevedra manterá o peche ao tráfico da avenida de Raíña Vitoria.

Así o asegurou este luns a portavoz do goberno local, Anabel Gulías ao ser preguntada pola posibilidade de abrir Raíña Vitoria ao tráfico ou continuar co corte, "por nós non vai haber ningún problema por mantelo se o centro non manifesta o contrario", dixo.

"Nós de oficio imos manter" pechada ao paso de vehículos, confirmou a portavoz municipal que derivou a explicación dos detalles desta medida ao concelleiro de Obras Urbanas e Transporte, Demetrio Gómez.

Aínda que "no seu inicio" o peche ao tráfico desta avenida implantouse para reforzar a seguridade de toda a comunidade educativa do centro con motivo da pandemia, a día de hoxe este peche xa non persegue "unicamente" o ordenar as entradas e saídas ao instituto Sánchez Cantón e, "ten outras cuestións derivadas", dixo en referencia á "mellora do tráfico".