A Brilat achega á cidadanía o seu traballo cunha exposición na Alameda

Pontevedra
25 de maio 2017

A exposición estará aberta en horario de mañá e tarde, de 10.00 a 19.00 horas, e, segundo informou a Brilat, será unha mostra dinámica na que mostrarán á cidadanía os vehículos, armamento e equipos de telecomunicacións que utiliza o Exército

Parada militar con motivo da toma de posesión de Antonio Romero como xeneral xefe da Brilat
Parada militar con motivo da toma de posesión de Antonio Romero como xeneral xefe da Brilat / Mónica Patxot

O vindeiro sábado 27 de maio, con motivo do Día das Forzas Armadas 2017 que se conmemora en toda España, a Alameda de Pontevedra acollerá unha exposición de armamento e material para mostrar á cidadanía o traballo da Brilat Galicia VII. 

A exposición estará aberta en horario de mañá e tarde, de 10.00 a 19.00 horas, e, segundo informou a Brilat, será unha mostra dinámica na que mostrarán á cidadanía os vehículos, armamento e equipos de telecomunicacións que utiliza o Exército.

Ademais, os nenos terán a oportunidade de realizar un percorrido topográfico pola Alameda e os arredores ou de probar a pista infantil de obstáculos.

O obxectivo é que a poboación poida coñecer os diversos materiais e mesmo tocalos e coñecer o seu funcionamento, do mesmo xeito que xa fixeron o pasado mes de outubro de 2016. Naquela ocasión, con motivo dos actos do 50 aniversario da Brilat, realizouse unha exposición similar con gran éxito.