A Brigada de Infantaría Lixeira "Galicia" VII (BRILAT) asume en Afganistán a seguridade da Base de Apoio e aeroporto de Herat.
A Brilat é a Unidade Base que proporciona o groso dos efectivos da Forza Española para Afganistán.
O ASPFOR XXXVI (Afganistan Spanish Force), é unha organización operativa xerada por distintas Unidades das Forzas Armadas e Garda Civil.
O continxente ten a sede principal na Base de Herat e ten como misións encomendadas a seguridade da Base de Apoio e Aeroporto de Herat e da área de Seguridade terrestre anexa á devandita base.
MALI
Por outra parte este venres parte dende Madrid o primeiro dos voos que levará aos soldados da Brilat cara ao cuartel xeral de Bamako en Mali.
O continxente está conformado por 120 soldados, maioritariamente da base de Figueirido, que tendran como misión adestrar e formar os futuros membros das forzas malienses para que poidan combater aos insurxentes no norte do país.