A Brilat entrega o premio Azor e nomea sete novos cabaleiros e damas

Pontevedra
02 de outubro 2020

A xunta encargada de conceder o galardón acordou este ano entregarllo á empresa Urovesa, encargada de fornecer e reparar vehículos á base de Figueirido e de instruír aos condutores

A Brilat entrega o seu premio Azor á empresa Urovesa
A Brilat entrega o seu premio Azor á empresa Urovesa

O Premio Azor é unha distinción que a Brigada Galicia VII (Brilat) outorga cada ano a unha entidade, organismo ou institución que se distinguiu pola súa vinculación á brigada ao contribuír a mellorar o seu prestixio e imaxe ou por proporcionar o seu apoio desinteresado para facilitar á unidade o cumprimento dos seus fins. 

Este ano, a xunta do premio Azor acordou conceder o distintivo á empresa Urovesa pola especial relación que mantoene coa Brilat na fabricación, mantemento e reparación de vehículos e compoñentes para os mesmos, así como na formación para o seu uso. Esta empresa foi creada en Santiago no 1981 e na actualidade está instalada en Valga e mantén unha estreita relación de colaboración co Ministerio de Defensa. Desde a Brilat destacan tamén o exquisito trato recibido sempre polo seu anterior presidente, José Sierra, e o actual, Justo Sierra.

Doutra banda, os nomeamentos de cabaleiro e dama Azor supoñen un recoñecemento de carácter extraordinario que a Brigada outorga a aquelas persoas, militares ou civís, que no seu quefacer diario haxan demostrado unha intensa relación persoal coa Brilat contribuíndo ao recoñecemento público da unidade, ao seu coñecemento ou aprecio por parte da sociedade ou que prestasen apoio á base.

Este ano nomearon sete novos cabaleiros e damas, que son os seguintes: a comisaria xefa provincial de Pontevedra, María Estíbaliz Palma Varona; o comandante xefe do GRS-7, Rafael Berguillo Esquina; Cristina Correa Pombal, alcaldesa de Oia; Andrés Díaz Sobral, alcalde de Ponte Caldelas; José María Muñoz del Sol, Begoña Garnil Mejuto e María Ángeles Castro Márquez.