A Brilat súmase desde o domingo á campaña de prevención de incendios forestais

Pontevedra
13 de xullo 2018

A conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez Mejuto; o director xeral de Ordenación Forestal, Tomás Fernández-Couto Juanas; e o xeneral xefe da Brilat, Antonio Romeu Losada, presentarán o martes ás patrullas da Brigada que se sumarán á operación xunto ao Terzo Norte de Infantería de Mariña 

Operación "Centinela Gallego"
Operación "Centinela Gallego" / Ministerio de Defensa

As Forzas Armadas volverán poñer en marcha este verán a Operación Centinela Gallego de colaboración coa campaña de prevención de incendios forestais e xa teñen data para o seu inicio. Será a partir deste domingo 15 de xullo, aínda que non se presentará oficialmente ata dous días despois, o martes 17, coa presenza na base da Brigada Galicia VII (Brilat) de cargos políticos e militares. 

Segundo deu a coñecer este venres a  Brilat, a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez  Mejuto; o director  xeral de Ordenación Forestal, Tomás Fernández-Couto Juanas; e o xeneral xefe da  Brilat, Antonio Romero Losada, presentarán ás patrullas da Brigada que se sumarán á operación xunto ao Terzo Norte de Infantería de Mariña

A operación Centinela Gallego ten, como é habitual, carácter preventivo e disuasorio contra os incendios forestais. Realízase segundo o convenio de colaboración subscrito entre o Ministerio de Defensa e a Xunta de Galicia, que se iniciou no ano 2007

O xeneral de Brigada Antonio Romero Losada foi designado para exercer o control das forzas militares participantes na operación, que se desenvolve entre este 15 de xullo e o 15 de setembro

A participación das Forzas Armadas, no seu nivel inicial, será de 27 patrullas, podendo aumentarse devandito número en función do nivel de esforzo. A  Brilat desprega 22 patrullas e o resto serán do Terzo Norte de Infantería de Mariña, con sede en Ferrol.