A Brilat xa ten novo xeneral

Pontevedra
22 de decembro 2013

Luis Cebrián Carbonell era coronel, de modo que o primeiro trámite para substituír ao xeneral Alonso era que se oficializase o seu ascenso a xeneral de brigada. O paso deuse o martes e dous días despois, o xoves 19 de decembro, o Boletín Oficial de Defensa facía público o seu nomeamento como xefe da Brilat. O venres xa presidiu o seu primeiro acto como novo responsale da Brigada na base asturiana de Cabo Noval

O xeneral José Antonio Alonso Miranda xa ten substituto á fronte da Brigada de Infantaría Lixeira Galicia VII (Brilat). O nomeamento de Luis Cebrián Carbonell como novo responsable xa estaba anunciado, pero agora é oficial e a súa chegada á base Xeneral Morillo de Figueirido xa pode realizarse en calquera momento.

Ata agora, Luis Cebrián Carbonell era coronel, de modo que o primeiro trámite para substituír ao xeneral Alonso era que se oficializase o seu ascenso a xeneral de brigada. O paso deuse o martes e publicouse a través do Boletín Oficial do Estado. Dous días despois, o xoves 19 de decembro o Boletín Oficial de Defensa facía público o seu nomeamento como xefe da Brilat.

De feito, ese nomeamento é tan oficial que o venres xa presidiu un acto na base da Brilat en Cabo Noval (Asturias). Presidiu xa como xeneral da Brigada o acto de despedida do ata agora xefe do rexemento Príncipe 3, o coronel Fernando García González-Valerio.

O coronel González-Valerio quedou como xefe accidental da Brilat nas semanas transcorridas entre o paso á reserva do xeneral Alonso e o nomeamento de Luis Cebrián e este venres se despediu e cedeu o bastón de mando ao coronel de infantaría ÿscar Lamsfus Galguera como novo responsable do rexemento asturiano.

O xa xeneral de Brigada Luis Cebrián Carbonell chega dende a Brigada de Infantaría Lixeira Paracaidista (Bripac) e tivo un contacto recente coa Brilat en Afganistán. Estivo ao mando do Equipo de Reconstrución Provincial de Badghis na ASPFOR XXXI, o continxente que precedeu ao da Brigada pontevedresa. De feito, traspasou o mando do continxente ao ASPFOR XXXII da Brilat que mandou o coronel Fernando García González-Valerio o 10 de novembro de 2012.