A busca "no ha concluido", di o Goberno, que agarda "condiciones mejores" para retomala "de algún modo"

Marín
18 de febreiro 2022

Mentres tanto, o responsable de Pesca no Goberno manda unha mensaxe aos tres buques españois que seguen na zona para que "maximicen su capacidad de atención" ante a posibilidade de atopar o corpo dalgún dos desaparecidos

Luis Planas, ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación
Luis Planas, ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación / Mónica Patxot

Tras reunirse cos familiares do Villa de Pitanxo en Marín, onde non quixo realizar declaracións públicas por "respecto" a todos eles, Luis Planas, pronunciouse este venres sobre as tarefas de procura dos doce desaparecidos tras o naufraxio do barco.

En declaracións a La hora de La 1, en TVE, o ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación asegurou que estas tarefas "no han concluido" e as autoridades esperan que haxa "condiciones mejores" para poder retomala "de algún modo".

A este respecto, Planas indicou que o ministro de Exteriores, José Manuel Albares, conversou onte á noite co seu homólogo canadense para "instar" a que estes traballos de procura continúen.

A climatoloxía na zona é "mucho más difícil" que cando se decidiu suspender esta tarefa, polo que o Goberno confía en que se retomen ante a "mínima ventana de oportunidad".

Ademais, o responsable de Pesca no Goberno mandou unha mensaxe aos tres buques españois que seguen na zona para que "maximicen su capacidad de atención" ante a posibilidade de atopar o corpo dalgún dos desaparecidos.