A cafetería Carabela cambia de xerencia cunha aposta por modernizar o clásico establecemento

Pontevedra
19 de xullo 2014

A familia Alvariño continuará sendo propietaria do establecemento pero traspasa o negocio que agora levará Carmen Gonzalo, xerente dos dous locais Nirvana da cidade. A súa intención é ampliar o plantel de empregados e que en novembros se reforme o interior da cafetería para ofrecer un estilo máis moderno

Interior da Cafetería Carabela Mónica Patxot

As dificultades que, nos últimos anos, se encontrou a terceira xeración da familia Alvariño para poder atender o Cafe-Bar Carabela levou a que se iniciasen negociacións para realizar o traspaso do histórico negocio. Desta forma, os propietarios do establecemento encontráronse con Carmen Gonzalo, unha muller que xestiona outros dous bares da cidade, os 'Nirvana' situados en Barcelos e en Fray Juan de Navarrete. Para ela, asumir a dirección do Carabela é todo un reto: "Es un barco muy grande pero vamos a sacarlo hacia adelante. Salió el sol para el Carabela", afirma optimista esta empresaria que acaba de asumir unha cafetería que iniciou a súa andaina en 1946, cinco anos antes de que a adquirira Manuel Alvariño, que potenciou a súa terraza na Praza da Estrela.

A nova xerente ten en mente acometer diversos cambios que xa se poden comprobar: "El Carabela, que es un lugar mítico, estaba un poco hundido y hemos decidido levantarlo. Hemos cambiado el café y ahora sale un pincho con cada consumición". Durante esta última quincena de xullo está previsto que se instalen fachos na fachada e plantas, ademais de ofrecer un fío musical para que os clientes se encontren nun espazo máis acolledor.

Pero os cambios non finalizan aí. En novembro cesarán a actividade durante 15 días para reformar o interior da cafetaría. Carmen Gonzalo indica que a nova decoración "va a tener un aire que combine lo moderno con lo tradicional. No nos vamos a desprender de nuestras mesas pero vamos a darle un aire moderno. Será para gente de toda la vida pero también para gente joven. Aquí los camareros van a ser los amigos de los clientes".

MENÿ DO DÍA

A intención da nova responsable do Carabela é manter o actual plantel composto por sete empregados e mesmo aumentalo: "ya se ha incorporado una nueva cocinera porque la cocina no va a cerrar desde las 11.00 horas hasta las 00.00 horas". O obxectivo é que o Carabela se converta tamén nun local de comidas a calquera hora do día. "Se van a mantener los precios. Y habrá cantidad y calidad en el menú del día. Se pondrá un primer plato, un segundo, con postre, café y bebida. Todo por 10 euros. A mí no me gusta el plato dibujado" sentenza.

A fórmula desta empresaria da hostalaría é que se ofreza comida caseira e tradicional empregando produtos galegos, co obxectivo de ofrecer unha proposta diferente da cafetería máis emblemática de Pontevedra para públicos de todas as idades.