A camelia, protagonista en Marín durante esta fin de semana

Marín
18 de febreiro 2024

Tras a inauguración deste sábado, a mostra estará aberta ao público ata este mesmo domingo ás 20:00 horas

VII 'Mostra Camelias e Mar' no Museo Manuel Torres
VII 'Mostra Camelias e Mar' no Museo Manuel Torres / Concello de Marín

A camelia volveu ser protagonista en Marín durante esta fin de semana coa sétima edición da 'Mostra Camelias e Mar' no Museo Municipal Manuel Torres.

Tras a inauguración deste sábado, a mostra estará aberta ao público ata Eeste mesmo domingo ás 20:00 horas.

Paralelamente a ela, na Alameda de Marín pode gozarse da exposición itinerante 'A camelia, flor de galegos e galegas', que recalou na vila despois de pasar pola praza de Santa María de Pontevedra.

Esta mostra ao aire libre está composta por imaxes e textos que desvelan algunha que outra curiosidade da flor.