A cervexa artesá degústase na Ferrería

Pontevedra
14 de setembro 2021

As persoas máis cerveceras poderán probar entre o 16 e o 19 de setembro 70 produtos dunha treintena de productores chegados de diversos puntos da provincia de Pontevedra, Lugo, A Coruña, Madrid ou Toledo

Presentación da segunda edición de Pontebirra
Presentación da segunda edición de Pontebirra / Mónica Patxot

A segunda edición de Pontebirra xa ten data. Logo de dous anos de parón por culpa da pandemia, a feira da cervexa artesana de Pontevedra regresa á cidade esta fin de semana. Entre o 16 e o 19 de setembro a praza da Ferrería acollerá a unha treintena de expositores que ofrecerán a posibilidade de degustar ata 70 tipos de cervexas diferentes.

A maior parte dos productores proceden da provincia de Pontevedra. Estarán representados municipios como Pontevedra, Sanxenxo, Cangas ou Vigo, pero tamén haberá productores procedentes da Coruña, Lugo, Toledo ou Madrid, explica Esteban Loureiro, un dos organizadores do evento.

No recinto da Ferrería non haberá só espazo para a degustación de cervexas. Haberá tamén foodtrucks, xogos populares para nenos e charlas sobre a plantación de lúpulo ou a elaboración de cervexas artesanas.

A decisión de trasladar o evento a esta emblemática praza, explica a concelleira de Promoción Económica, Yoya Branco; débese á necesidade de adaptarse ás obrigacións da pandemia, que requiren a instalación de puntos diferenciados de entrada e saída, limitación de aforos e rexistro de clientes. Por esta razón, os organizadores decidiron prescindir dos concertos que acompañaban a esta feira, para evitar aglomeraciones. O aforo máximo será de 550 persoas con 90 mesas.

"En Pontevedra hai moita cultura cervexeira", asegura Loureiro, satisfeito por poder volver organizar este evento logo de dous anos de espera. "Ou sector ou precisa", recoñeceu.