A cervexería Alameda gaña o segundo concurso Caldelas Tapas

Pontevedra
18 de agosto 2016

A súa proposta, 'Capricho de Mar e Terra', foi a máis votada de entre as presentadas polos 13 locais participantes

Entrega do primeiro premio do segundo concurso Caldelas Tapas Concello de Ponte Caldelas

O proposta 'Capricho de Mar e Terra' presentada pola cervexería Alameda foi a máis votada na segunda edición do certame gastronómico Caldelas Tapas.

O escrutinio celebrado no Concello resolveu unha edición na que participaron 13 locais de hostalería do municipio, tendo en conta os puntos outorgados polos clientes.

Alameda contou só cun punto e medio máis que o bar Parada, segundo, mentres rematou terceiro o reconto a Casa 501.

Os datos da segunda edición de Caldelas de Tapas indican que se venderon máis de 6.000 tapas durante os cinco venres do mes de xullo.

A cociñeira da cervecería Alameda, Ángeles Míguez, recolleu de mans do alcalde, Andrés Díaz, unha praca que acredita ao seu establecemento como gañador do concurso.