A chocolatada solidaria recada 2.266 euros para La Palma

Marín
16 de outubro 2021

Un grupo de mozos de Juventudes Marianas Vicencianas (JMV), xunto coa Asociación de nais e pais do alumnado (ANPA) Martín Herrera, levaron a cabo esta iniciativa que, pola mañá tivo lugar no propio colexio coa participación de boa parte da comunidade educativa e, xa pola tarde, na Alameda Rosalía de Castro

Chocolatada solidaria coa illa canaria de La Palma Aarón González

O Colexio Inmaculada de Marín organizou este venres unha chocolatada solidaria que recadou 2.266 euros para a illa canaria de La Palma.

Un grupo de mozos de Juventudes Marianas Vicencianas (JMV), xunto coa Asociación de nais e pais do alumnado (ANPA) Martín Herrera, levaron a cabo esta iniciativa que, pola mañá tivo lugar no propio colexio coa participación de boa parte da comunidade educativa e, xa pola tarde, na Alameda Rosalía de Castro. 

Tanto a carpa onde se estableceu o posto de venta como o chocolate foron cedidos polo Concello de Marín. Isto sumouse ás axudas brindadas por parte da Churrería Vázquez Galiano e de Supermercados Froiz.

Centos de persoas colaboraron coa iniciativa, que logrou recadar 2.266 euros que serán destinados, a través de Cáritas Tenerife, aos damnificados pola erupción do volcán.

Dende a organización agradeceron "a resposta xenerosa a esta chamada de axuda para intentar paliar tanto sufrimento como está a causar esta catástrofe".