A CIG denuncia os recortes en prestacións asistenciais e por desemprego ante as oficinas do paro

Pontevedra
16 de maio 2018

Trátase dun acto reivindicativo de cara á convocatoria de folga xeral que a central nacionalista anunciou para o 19 de xuño, onde se quere reclamar emprego, salarios e pensións dignas

Protesta da CIG
Protesta da CIG /

Un grupo de delegados sindicais da CIG concentrábase este mércores ante a oficina do Servizo Público de Emprego na rúa Eduardo Pondal. Esta protesta forma parte da campaña que desenvolve o sindicato nacionalista en diferentes puntos de Galicia.

Con esta protesta queren denunciar que menos da metade dos desempregados cobran prestación e deste grupo a meirande parte cobra menos de 500 euros mensuais atopándose con graves dificultades para poder vivir en condicións dignas. Ante esta situación, Xabier Aboi, representante do sindicato, indica que o Partido Popular pretende acometer novos recortes nas prestacións asistenciais e por desemprego.

Afirman que o goberno do PP, sindicatos estatais e a patronal rebaixan as esperanzas de reformar as leis para que as persoas que se quedan no paro poidan facer fronte aos gastos básicos.

Reclaman a creación dunha renda de inserción laboral para todas as persoas maiores de 18 anos que non cobre outra prestación, para garantir uns ingresos mínimos dignos. Ademais reivindican a suba do salario mínimo interprofesional ata os 857 euros mensuais en 14 pagas, o equivalente ao 60% do salario medio en Galicia.

Aboi lembran que, malia que o Partido Popular non conta con maioría de deputados no Parlamento, nesta lexislatura non se derrogaron as últimas reformas laborais nin as relacionadas co desemprego nin a Lei Mordaza. "Como pode haber máis xente condenada por formar parte dun piquete que por corrupción?", se pregunta el destacado representante de la central frentista.

Ante esta situación, a CIG considera que é necesario desenvolver unha folga xeral o vindeiro 19 de xuño para dar unha resposta á perda de dereitos que sofre a sociedade. "Temos que cambiar. Non poden firmarse convenios por debaixo do IPCE", indica Aboi, que aposta por plantar cara aos gobernos da dereita e ao empresariado desde a rúa.