A CIG sae á rúa o mércores para reclamar dereitos laborais e sociais perdidos coa crise

Pontevedra
14 de febreiro 2017

A convocatoria é este mércores 15 de febreiro ás 12.00 horas diante da Subdelegación do Goberno. Dúas horas antes, ás 10.00 horas, hai convocada unha asemblea de delegados. Ademais, este venres 17 de febreiro convocan unha manifestación a partir das 20.00 horas que sairá da praza da Ferrería

Manifestación da CIG pola recuperación de salarios e pensións dignas
Manifestación da CIG pola recuperación de salarios e pensións dignas / Mónica Patxot

A central sindical CIG chama á mobilización cidadá para acudir ás protestas convocadas en toda Galicia para "recuperar dereitos laborais e sociais roubados coa escusa da crise". En Pontevedra, a convocatoria é este mércores 15 de febreiro ás 12.00 horas

Dúas horas antes, ás 10.00 horas, hai convocada unha asemblea de delegados e despois fan un chamamento para concentrarse diante da Subdelegación do Goberno. Ademais, este venres 17 de febreiro convocan unha manifestación a partir das 20.00 horas que sairá da praza da Ferrería.

A protesta, convocada en todas as comarcas entre este mércores e este venres, busca a recuperación dos dereitos perdidos en materia de contratación, xornada, despedimentos, negociación colectiva, prestacións por desemprego, de Seguridade Social e mesmo de liberdades públicas.

A protesta forma parte da campaña que se iniciou coa manifestación nacional en defensa do sistema público de pensións e ten como obxectivo presionar ao Congreso para que todas as contrarreformas impostas, fundamentalmente polo PP, "co pretexto da crise" sexan derrogadas.