A colocación de pasos elevados en Estribela afectará este martes ao tráfico rodado

Pontevedra
27 de outubro 2014

As obras de mellora da mobilidade na avenida de Marín, ao seu paso polo barrio de Estribela, continúan a bo ritmo. Tralo derrubamento da pasarela peonil é o momento de colocar os novos pasos elevados na estrada. Esta actuación implicará, obrigatoriamente, un corte de tráfico neste vial, polo que a Policía Local deseñou un operativo especial para garantir a circulación dos vehículos

Operativo de tráfico polas obras no barrio de Estribela
Operativo de tráfico polas obras no barrio de Estribela

As obras de mellora da mobilidade na avenida de Marín, ao seu paso polo barrio de Estribela, continúan a bo ritmo. Tralo derrubamento da pasarela peonil é o momento de colocar os novos pasos elevados na estrada. Esta actuación implicará, obrigatoriamente, un corte de tráfico neste vial, polo que a Policía Local deseñou un operativo especial para garantir a circulación dos vehículos.

Estes traballos comezarán a partir das 9.15 horas deste martes 28 de outubro, para facilitar a circulación na hora punta de acceso aos colexios.

En todo caso, garantírase o tráfico de vehículos en ambas direccións. O principal cambio é que o tráfico procedente de Marín cara Pontevedra será desviado por Marqués de Valterra.

A empresa disporá en todo momento de dous operarios con chaleco reflector e paleta normalizada para a regulación da circulación nos casos que así o requiran, con especial atención aos vehículos que polas súas dimensións non poidan circular polo desvío habilitado. Estes vehículos se pasarán polo vial principal (PO-11), previa detención da circulación do sentido contrario.

No operativo de tráfico colabora a Policía Local de Pontevedra e a Policía Local de Marín. 

As obras terán unha duración dun só día.