A Comisaría Provincial da Policía Nacional de Pontevedra deu este martes a benvida a 43 policías alumnos que durante os próximos meses completarán a súa formación na provincia.
O acto de benvida realizouse nas instalacións da rúa Joaquín Costa e estivo presidido pola comisaria provincial, Estíbaliz Palma, e a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, así como os responsables de área da Comisaría.
Todo o alumnado procede do centro de formación da Policía Nacional en Ávila e realizará o seu período práctico de formación nas diferentes comisarías da provincia de Pontevedra.
En concreto, 14 incorporaranse á Comisaría de Pontevedra, 21 á de Vigo e catro a Marín e Vilagarcía de Arousa.
Os policías en formación estarán nas distintas comisarías nove meses, durante os cales recibirán unha formación xeral sobre as distintas áreas de actuación policial: Seguridade Cidadá, Policía Xudicial, Policía Científica, Estranxeiría e Fronteiras e Información.