A comisión de seguimento das obras do IES Valle Inclán reunirase antes do inicio do curso

Pontevedra
23 de agosto 2023

O xefe territorial de Eduación en Pontevedra, César Pérez Ares, anunciou que "antes de iniciar o curso", a finais deste mes de agosto ou principios de setembro, a Xunta convocará a comisión de seguimento das obras do IES Valle Inclán, que reúne a representantes da empresa adxudicataria da reforma, da Consellería, do centro e das familias

Obras nos vestiarios do semisoto do IES Valle-Inclán
Obras nos vestiarios do semisoto do IES Valle-Inclán / Xunta de Galicia

O xefe territorial de Eduación en Pontevedra, César Pérez Ares, anunciou que "antes de iniciar o curso", a finais deste mes de agosto ou principios de setembro, a Xunta convocará a comisión de seguimento das obras do IES Valle Inclán, que reúne a representantes da empresa adxudicataria da reforma, da Consellería, do centro e das familias. 

Nesa comisión  "abordarase como se vai iniciar o curso, tranquilo, e tendo como prioridade absoluta a seguridade da comunidade educativa", avanzou Pérez Ares no transcurso dunha visita do conselleiro de Educación, Román Rodríguez, ás obras do IES A Xunqueira I. 

Aínda que a pregunta sobre o Valle Inclán ía dirixida ao responsable de Educación no Goberno galego, Román Rodríguez preferiu que fose o xefe territorial quen respondese xa que "ten unha orde expresa de facer un seguimento prácticamente constante da evolución desa obra".

Pérez Ares explicou que "a obra, a día de hoxe, vai segundo o ritmo que nos marcamos, en prazo" e garantiu que os vestiarios da primeira planta poderanse usar co inicio do novo curso. 

Tamén ha concretaro que serán once as aulas móbiles para as clases dos alumnos de bacharelato que se instalarán no exterior do instituto, na fachada principal da avenida Montero Ríos, unha vez celebrado o Mundial de Tríatlon. 

"Serán modelos de superconfortabilidade" e instalaranse facendo un peche "que no permitirá el acceso desde el exterior" será "unha extensión do instituto na parte exterior".