Nauta Sanxenxo, Costas e Portos de Galicia reuníronse este venres dentro da comisión para a rexeneración da Carabuxeira, para analizar o último informe do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico sobre a rexeneración deste areal e o de Lavapanos.
O redactor do proxecto, Fernando López Mera, será o encargado de ampliar a análise do estudo de alternativas, tal e como solicita o Ministerio para avanzar na solución definitiva para a rexeneración de ambos os areais.
Neste sentido cabe lembrar que Nauta Sanxenxo expón como solución, dentro das alternativas analizadas, a construción dun espigón de case 100 metros e unha anchura de 2,24 metros, formado por un núcleo de formigón forrado de granito.
Tras a colocación deste dique retiraríanse os tubos geotextiles da praia colocados na fase provisional e tamén se repoñerían 27.000 metros cúbicos de area en ambas as praias.
O obxectivo do proxecto é achegar unha solución que acabe cos actuais problemas de perda de árido tanto en Lavapanos como na Carabuxeira.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.