A comunicadora Baia Fernández lerá o manifesto da marcha antitouradas

Pontevedra
05 de agosto 2019

O discurso terá lugar ao redor das 21.15 horas, ao finalizar a marcha polo centro de Pontevedra, na praza da Peregrina

Manifestación antitouradas en Pontevedra Cristina Saiz

Os organizadores da manifestación antitaurina que terá lugar o vindeiro sábado ás 20 horas con saída desde A Peregrina xa teñen decidido quen se encargará da lectura do manifesto. Será a comunicadora, actriz, poeta e adestradora emocional Baia Fernández. Esta cuntiense de 38 anos declara ser incapaz de comprender como pode haber persoas que gocen co sufrimento alleo. Aínda así está convencida de que a sociedade está a avanzar e confía en que pronto as corridas de touros pasen á historia.

Despois de percorrer as rúas da cidade, a marcha concentrarase novamente na praza da Peregrina e, ao redor das 21.15 horas, terá lugar a lectura do manifesto.