A Consellería analiza a volta ás aulas no colexio de Campolongo e na escola infantil Crespo Rivas

Pontevedra
11 de agosto 2020

O xefe territorial de Educación en Pontevedra, César Pérez Ares, xunto a responsables da Unidade Técnica deste departamento e os equipos directivos do EEI Concepción Crespo Rivas e do CEIP Campolongo, comprobaron cambio de carpintería exterior na escola infantil e analizaron a aplicación do protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19

Visita do xefe territorial de Educación en Pontevedra, César Pérez Ares
Visita do xefe territorial de Educación en Pontevedra, César Pérez Ares / Xunta de Galicia

O xefe territorial de Educación en Pontevedra, César Pérez Ares, xunto a responsables da Unidade Técnica deste departamento e os equipos directivos do EEI Concepción Crespo Rivas e do CEIP Campolongo, comprobaron cambio de carpintería exterior na escola infantil e analizaron a aplicación do protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19.

Perés Ares recordou que dentro destas instrucións a Xunta xa confirmou que se realizarán test serolóxicos de dobre banda a todo o persoal dos centros educativos, incrementarase o profesorado para atender aos desdobres que se deban realizar para cumprir os máximos dos alumnos por aula e dar resposta ás necesiades específicas de atención educativa.

Tamén dixo que se traballará xunto a Anpas e equipos directivos para que os comedores escolares poidan poñerse en marcha coa mellores condicións de protección do alumnado.

Ademais, o xefe territorial tamén recordou que a colaboración dos concellos será esencial, xa que deben asumir a importancia do servizo de limpeza no caso dos centros que son da súa titularidade.

CARPINTERÍA

En relación á mellora da carpintería do Crespo Rivas, as obras executáronse en dúas fases distintas. Nesta última, coa que se remata o proxecto, permitiu a substitución das ventás dos corredores, a porta principal e a posterior, así como a porta de saída e o cerramento que dan á horta. Na planta superior reformáronse tamén as ventás do despacho e da sala do profesorado.

Dentro do Plan de Reactivación do Sector da Construción tamén se executarán en Pontevedra melloras na carpintería exterior da EEI Fina Casalderrey, reformarase a calefacción co CEP Campolongo, executaranse obras de acondicionamento xeral no IES Sánchez Cantón e instalarase unha nova caldeira de biomasa que dará servizo aos IES A Xunqueira I e II, e ao CIFP A Xunqueira.