A defensa pide a absolución do único condenado polo crime das chinesas

Pontevedra
11 de novembro 2014

A defensa de Hai Jie Zhang, condenado pola morte dunha das dúas mulleres chinesas cuxos corpos apareceron nun piso de da rúa Amado Carballo en 2010, pediu a absolución do procesado, na vista de apelación celebrada no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

Zhang Hai Jie, único acusado polo dobre crime da cidadás chinesas nun piso de Amado Carballo
Zhang Hai Jie, único acusado polo dobre crime da cidadás chinesas nun piso de Amado Carballo / Mónica Patxot

A defensa de Hai Jie Zhang, condenado pola morte dunha das dúas mulleres chinesas cuxos corpos apareceron nun piso de da rúa Amado Carballo en 2010, pediu a absolución do procesado, na vista de apelación celebrada no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

A vista celebrouse tras o recurso presentado pola defensa contra o fallo da Audiencia de Pontevedra, que condenou a 14 anos de cárcere a Hai Jie Zhang, ao que un xurado considerou autor da morte de Guang Qu, unha das dúas mulleres falecidas.

"Yo no maté a esa chica", afirmou

Na súa quenda de palabra na vista do TSXG, o acusado volveu negar a autoría dos feitos e asegurou que a Xustiza "tiene que creer en mi inocencia". "Yo no maté a esa chica",  afirmou.

Na súa exposición, a defensa do acusado solicitou unha sentenza absolutoria para o seu cliente, alegando que o condenado "estaba fuera" de Pontevedra o día da morte da muller e, polo tanto, non tivo "ninguna relación" cos feitos acontecidos.

A defensa, que ve "falta de coordinación" na sentenza ditada pola Audiencia de Pontevedra, asegura que o acusado non ten nada que ver nos feitos polos que foron condenados.

Pola contra, a Fiscalía defende a sentenza da Audiencia de Pontevedra e asegura que se axusta a dereito e, polo tanto, pide a desestimación do recurso.

Segundo o veredicto e a sentenza, o acusado, en compañía doutro home chinés (que non foi axuizado nesta causa), entraron na vivenda coa finalidade de rematar coa vida de Guang Qu que faleceu por asfixia mecánica, ao taparlle todos os orificios respiratorios, e non tivo apenas "capacidade de defensa". Os membros do xurado, por outro lado, consideraron que non quedou probada a participación do único acusado na morte de Zun Kung Yong.