A Deputación adxudica as obras de mellora da EP-0407 en Ponte Caldelas

Ponte Caldelas
20 de agosto 2022

A actuación está enmarcada no modelo de mobilidade segura e sostible que promove a institución provincial e desenvolverase nun tramo de 225 metros desta estrada do casco urbano (rúa Lepanto e a contorna do Centro de Saúde)

Rúa Lepanto de Ponte Caldelas
Rúa Lepanto de Ponte Caldelas

Adxudicadas as obras de mellora de mellora da mobilidade peonil na EP-0407, en Ponte Caldelas, por 233.538 euros.

O proxecto está financiado ao 100% pola Deputación xa que o 30% de aportación municipal previsto no convenio entre ambas administracións asumirase cunha achega do Plan Concellos.

A actuación está enmarcada no modelo de mobilidade segura e sostible que promove a institución provincial e desenvolverase nun tramo de 225 metros desta estrada do casco urbano (rúa Lepanto e a contorna do Centro de Saúde).

O obxetivo, segundo explicou a Deputación, é converter a zona nun espazo público de calidade, garantindo a mobilidade peonil e a accesibilidade universal.

Deste xeito, as obras prevén a execución dunha zona de convivencia con prioridade peonil, que terá limitación de velocidade de 20 km/h, mentres que no resto do tramo manterase velocidade máxima de 30 km/h.

Os traballos os completarán con actuacións de xardinería, co soterramento das liñas de electricidade e telecomunicacións agora en aéreo, así como a execución dunha nova rede de alumeado con luminarias LED de alto rendemento.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora