A Deputación de Pontevedra fixo este xoves unha chamada a viaxar ás Rías Baixas nun acto organizado en FITUR 2021 co lanzamento da campaña "É o teu momento" que, segundo dixo a presidenta Carmela Silva "toca emociones y llega al corazón".
A campaña "habla de un lugar mágico, de un verdadero paraíso cuidado por un sector del que tenemos que sentirnos muy orgullosas y orgullosos", continuou, para amosarse convencida de que "el turismo va a crecer de forma exponencial en la provincia, porque este es un gran destino".
A institución provincial organizou unha atractiva presentación conducida pola xornalista Noa García e na que estreou o vídeo oficial da campaña, protagonizado pola artista Wöyza, ante alcaldes e alcaldesas de toda a provincia, representantes do sector e xornalistas de medios e blogs especializados.
Nun ano con fortes restriccións en FITUR, a Deputación apostou decididamente polo audiovisual para compartir co público a beleza das Rías Baixas, a súa cultura, patrimonio, gastronomía e os Camiños de Santiago.
Outro dos vídeos presentados foi un recoñecemento ao sector no que a presidenta da Deputación, o xerente do Club Náutico de O Grove, Miguel de la Cierva, e a xerente de Alecrín Turismo de Natureza, Ana Vázquez, reflexionan sobre os atractivos das Rías Baixas e o presente e o futuro de turismo neste destino.
"Si quieren recuperar la felicidad después de un tiempo tan difícil, si quieren disfrutar de un lugar que enamora y no deja a nadie impasible, no pueden dejar de regresar. Os esperamos con los brazos abiertos", proclamou Carmela Silva.