O vicepresidente da Deputación, César Mosquera, anunciou este venres que a Deputación será quen tramite as obras que integren un extremo da rúa Rosalía de Castro para que forme parte do centro urbano.
O representante do BNG sinalaba que é necesario construír un paso entre a ponte de ferrocarril e a avenida de Marín para que conecte coa rúa e para que o proceso sexa máis rápido, a Deputación encargarase da xestión.
Para levar a cabo este proxecto, que xa foi presentado no Concello de Pontevedra, estudaríase a posibilidade dun convenio entre as tres administracións implicadas: a Xunta de Galicia, titular da antiga estrada de Marín, que pasaría a ser municipal; o Concello de Pontevedra e a propia Deputación provincial.
A idea de César Mosquera é que este proxecto, moi demandado na zona de Mollabao, poida iniciar a súa tramitación a finais do mes de setembro.