A Deputación concede 6,1 millóns de euros para que os concellos contraten a 1.467 desempregados

Pontevedra
06 de febreiro 2015

O presidente da Deputación, Rafael Louzán informou que este plan será complementado con outra cantidade a fin de chegar aos 2.200 traballadores contratados

Traballos de roza en Ponte Caldelas Concello de Ponte Caldelas

A xunta de goberno da Deputación de Pontevedra aprobou este venres a concesión de 6,1 millóns de euros aos concellos da provincia para que contraten a un total de 1.467 desempregados para que desenvolvan obras municipais.

O presidente da Deputación, Rafael Louzán informó en olda de prensa que este plan será complementado con outra cantidade a fin de chegar aos 2.200 traballadores contratados.

"E eso, a maiores do plan que xa aprobamos para que 200 titulados superiores se ocupen nos concellos e que empezarán a traballar o vindeiro 1 de abril, un plan para o que se presentaron 1.060 xoves e que conta con 200 plazas que estamos seleccionando", afirmou.

O programa chámase "Plan de conservación e funcionamento de bens e servizos municipais 2015" e as súas bases foron aprobadas polo Pleno do pasado 30 de decembro.

Nel, a Deputación aporta a cantidade e serán os concellos os que realizarán a selección de personal e quénes contraten aos seleccionado.

Os contratados deberán ser desempregados inscritos na Oficiña de Emprego e non perceptores do paro. Terán preferencia os que leven en paro máis dun ano, non foran contratados polo concello en 2015, teñan niveis de renda baixa ou cargas familiares.

A contratación de traballadores será para a prestación de servizos mínimos municipais e regulouse en función dos habitantes do concello

As axudas serán para financiar, durante 6 meses, a contratación a tempo parcial, en xornada de 25 horas semanais, a traballadores co límite máximo de 4.181,88 euros por traballador.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora