O Consello de Administración da Sociedade de Vivenda Pública de Galicia (Vipugal) acordou este venres a adxudicación do contrato para a redacción do proxecto e a execución das obras de construción de 25 vivendas de promoción pública en Noalla.
O contrato será executado pola Construtora San José por un importe superior ao seis millóns de euros e cun prazo total de 19 meses.
Deste período, catro meses destinaranse á redacción dos proxectos e o quince restantes á execución das obras.
As 25 vivendas levantaranse nunha parcela de 871 metros cadrados cedida polo Concello de Sanxenxo.
Esta actuación enmárcase no compromiso da Xunta de Galicia de duplicar o parque de vivenda pública no período 2024-2028 até alcanzar as 8.000 vivendas.
Así mesmo, está dentro da previsión do Pacto de Vivenda de Galicia 2026-2030 que fixa o obxectivo de chegar ás 10.000 vivendas públicas no ano 2030.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.