A nova xunta de goberno da Deputación de Pontevedra quedou constituída este venres tras a súa primeira reunión oficial baixo a presidencia de Carmela Silva.
A xunta de goberno está composta polos seguintes deputados provinciais: Chelo Besada, Juan Antonio González, Carlos López Font, Montserrat Magallanes, David Regades, Santos Héctor, Uxío Benítez, César Mosquera e Eva Vilaverde. Segundo sinalou a presidenta, as súas sesións ordinarias celebraranse os venres as once da mañá.
Nun comunicado oficial emitido pola institución provincial, Carmela Silva afirmou que esta constitución da Xunta de Goberno "era un paso máis para poñer en marcha todas as estruturas da nova dirección da Deputación de Pontevedra".
A presidenta quixo destacar que na breve marxe de tempo de apenas cinco días dende os seus nombramentos "os deputados provinciais xa mantiveron reunións e conoceron os servizos dos cales son responsables", ademais adiantou que "xa están a traballar de cara á elaboración dos próximos presupostos" para adaptalos a nova estrutura da deputación.
Carmela Silva informou que o primeiro pleno ordinario da nova corporación podería ser a finais de agosto "xa que pretendemos que teña un contido político que sirva aos cidadáns da provincia e non cousas de recheo".